(Probo agora en galego, pois coido que nos imos entender á perfección...)
Graciñas a todos polas vosas respostas e recomendacións.
Certamente xa tiña ollada esa configuración da que algún falades, recomendada en Decembro, mais si non me lembro mal, íase ainda por riba dos 3000 euros. Ainda que o meu orzamento non é pechado ó 100%, prefiro fixar un tope porque sinón non sei donde pararía a cousa, e sigo tendo que xantar cada día

Por iso falo dos 2500-2700.
Pois o caso é que veño coincidindo bastante co que me recomendades, aínda que parece que vos decantades por HD de máis ben pocua capacidade. O Raptor de WD estaba entre as miñas opcións, mais faime pensar eso de que a sua fiabilidade este por demostrar...
Certamente no son prefiro non investir demasiado, xa que o o disfrute de audio deixoo para o Home Cinema do salón (mundo aparte, por moito que lle metamos ó PC).
Pode ser que sexa posible atopar en España precios mellores que os que me dicides, mais coido que a diferencia á de ser case insignificante. En realidade atopo bastantes bos precios para os distintos componentes, pero ese aforro pérdese cos gastos de envío a pagar nas diferentes tendas online (se fose posible atopar os mellores prezos na misma tenda... sería a panacea!!!).
De seguido bos poño a lista do que tiña en mente (mais non fixen ainda os cálculos finais para ver si me entra ou non no meu orzamento):
Caixa: 3R-System R101
Fonte: Levicom 550W
Procesador: Pentium 4 – 2,8GHz – FSB 800MHz
Refrixerador: Zalman CNPS7000A-Cu
Placa Base: Asus P4C800E Deluxe
Memoria: 2x512MB OCZ Dual Channel PC4000 EL DDR500 Gold
Tarxeta Video: Hercules Ati Radeon 9800XT DDR
Disco Duro: 2x160GB WD Caviar SE SATA (en RAID)
Disqueteira: NEC 3,5” 1,44 MB
Teclado + Rato Logitech Cordless Desktop MX
Monitor: LG Flatron F900P
Tarjeta Sonido: Creative SB Live 5.1
Regrabadora CD: Benq 52x24x52x
Regrabadora DVD: Pioneer A106
¿Qué vos parece?
Por certo, non consigo atopar un sitio donde mercar estas OCZ. ¿Algunha idea?.
Unha vez máis, gracias polo voso tempo...